Ola 👋🏼👋🏼
Nesta publicación do blog anexo os enlaces a algúns recursos que poden resultar de interese.
- Libro de colorear personalizado. Accedendo á páxina "Hurra Héroes" envían ó voso correo un libro para colorear personalizado.
- Canción personalizada. Tecleando en Google "Tina y Tin" seguido do nome do neno/a, apareceravos unha canción personalizada con moito ritmo 😉
- Webcams en tempo real para observar animáis salvaxes dende a casa. Aquí vos deixo un enlace dende o que podedes acceder a diferentes webcams para ver diferentes animáis salvaxes.
- Animais en 3D. Tecleando en Google o nome dalgúns animáis tendes a opción de velos en 3D na vosa propia casa e incluso fotografiarvos con eles! Tamén podedes ver o esqueleto dun corpo humano! Deíxovos aquí un enlace onde se indica a listaxe do que podemos ver en 3D e tamén o xeito de facelo.
Mirade que atopei hoxe ós pes da miña cama nada mais abrir un ollo 😂
Unha aperta 😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario