venres, 19 de xuño de 2020

COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉

Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras.


Fixéchedelo xenial!

Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘

venres, 12 de xuño de 2020

🤸🏻‍♀️🤸🏻‍♂️🤸🏻‍♀️🤸🏻‍♂️

Ola 👋🏼

Para acabar a semana deíxovos nesta entrada unha divertida proposta de psicomotricidade.

Pinchade no seguinte enlace para acceder:

ACTIVIDADE

Bo finde 😘



xoves, 11 de xuño de 2020

ANIVERSARIOS 🥳🥳

Ola 👋🏼👋🏼

Xa estamos a piques de acabar o curso e esta entrada do blog dedicámoslla ós nenos que estiveron de aniversario durante este tempo de confinamento. Dylan cumpriu o 17 de marzo e Jadel hoxe, 11 de xuño. Que maiores vos facedes!

Aínda que este ano non o puidemos celebrar no cole, seguro que foi un día moi especial 🤩



Un bico enorme 😘



mércores, 10 de xuño de 2020

DINOSAUROS 🦖🦕

Ola 👋🏼

Xa estamos a métade de semana e hoxe vouvos presentar algo que fixemos ó longo do curso.

Estivemos investigando sobre o fascinante mundo dos DINOSAUROS. Eses maravillosos seres que habitaron a Terra fai moitos millóns de anos.

Os nenos e nenas tiñan moitas ganas de descubrir como  vivian, así que nos puxemos mans á obra e o primeiro paso foi facernos con varias especies de dinosauros e un terrario feito cunha caixa, area, terra, follas, pedras, cortiza, pinas... e outros elementos que fomos atopando.


Descubrimos diferentes especies de dinosauros: Velociraptor, Tyrannosauro Rex, Brachiosauro, Stegosauro, Triceratops, Parasauro... E investigando soubemos que todos eles eran ovíparos xa que nacían de ovos.


Ademais, aprendemos que os dinosauros non camiñaban todos igual, había especies como o Velociraptor ou o Tyranosauro Rex que eran bípedos e sustentábanse sobre dúas patas, mentres que outros como o Stegosauro ou o Triceratops eran cuadrúpedos e camiñaban sobre catro patas.



Os dinosauros viviron por todo o planeta Terra, aínda que a maioría deles atopábanse en lugares como Asia ou América do Norte.






Tamén descubrimos que algúns dinosauros eran carnívoros, xa que se alimentaban de carne e outros eran herbívoros, porque comían só vexetais. Tamén había algúns que eran omnívoros e alimentábanse de ambas cousas, carne e vexetais.



Agora tamén sabemos que os dinosauros extinguíronse fai moitos millóns de anos. Algunhas persoas pensan que foi debido á erupción de volcáns, e outras creen que foi a caída dun meteorito. 





Moita información que temos hoxe en día sobre os dinosauros é grazas os paleontólogos, que estudan os fósiles atopados ó longo do tempo, restos que nos permiten pescudar sobre como eran estas incribles criaturas.



Como podedes ver, algún día convertémonos en paleontólogos, e tamén fixemos réplicas de fósiles con plástilina, cravando os esqueletos de dinosaurios nela.



Pasámolo en grande e aprendemos un montón de cousas sobre os dinosauros 😊






luns, 8 de xuño de 2020

OCÉANOS 🌊🌊

Hoxe, 8 de xuño é o "Día Mundial dos Océanos", así que aquí vos deixo unha proposta para que investiguedes e aprendades moito sobre eles 😉



Unha aperta 😘


PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈

Ola 👋🏼

Aquí deixo unha nova proposta de actividades.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES X

Agardo que vos gusten.

Bo comezo de semana 😘

venres, 5 de xuño de 2020

OOBLECK 🤩

Ola de novo 👋🏼👋🏼

Nesta entrada do blog preséntovos unha actividade moi sinxela e moi divertida 😉

Trátase de "oobleck". Para os que non oirades falar del déixovos un vídeo onde podedes ver os pasos para a súa elaboración e tamén a súa máxia 🤩

OOBLECK

Como vedes, eu non me puiden resistir,  asíque puxenme coas mans na masa! Anímadevos vos tamén.

Un bico enorme bo fin de semana 😊













COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉

Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘