No colexio asistimos á representación dunha obra de teatro con títeres, que ós/ás nenos/as lles gustou moito polo toque humorístico co que se relataba a historia.
Ademáis, tamén lemos e analizamos o conto de "Blancanieves y los 77 enanitos", unha reinterpretación do conto clásico de "Blancanieves".
A través do conto preténdese romper con certos estereotipos de xénero que moi a miúdo impiden a educación en igualdade de dereitos e oportunidades dos nenos e nenas.
Despois da lectura a nosa compañeira Valeria animouse a contarllo ela mesma os seus compañeiros/as. Fixoo xenial!! 🤩
Eduquemos por un futuro cheo de bicos e abrazos 🤗