mércores, 27 de maio de 2020

RECURSOS DE INTERESE ⬇️

Ola 👋🏼👋🏼

Nesta publicación do blog anexo os enlaces a algúns recursos que poden resultar de interese.

  • Libro de colorear personalizado. Accedendo á páxina "Hurra Héroes" envían ó voso correo un libro para colorear personalizado. 
  • Canción personalizada. Tecleando en Google "Tina y Tin" seguido do nome do neno/a, apareceravos unha canción personalizada con moito ritmo  😉

  • Webcams en tempo real para observar  animáis salvaxes dende a casa. Aquí vos deixo un enlace dende o que podedes acceder a diferentes webcams para ver diferentes animáis salvaxes.
  • Animais en 3D. Tecleando en Google o nome dalgúns animáis tendes a opción de velos en 3D na vosa propia casa e incluso fotografiarvos con eles! Tamén podedes ver o esqueleto dun corpo humano! Deíxovos aquí un enlace onde se indica a listaxe do que podemos ver en 3D e tamén  o xeito de facelo. 
Mirade que atopei hoxe ós pes da miña cama  nada mais abrir un ollo 😂


Unha aperta 😘


Ningún comentario:

Publicar un comentario