venres, 29 de maio de 2020

CROISSANTS DE CHOCOLATE 🥐🍫

Ola 👋🏼👋🏼

Para darlle a benvida ó fin de semana aquí vos deixo unha receita moi faciliña. Son uns deliciosos croissants de chocolate 😋

Pinchade no seguinte enlace:
CROISSANTS DE CHOCOLATE

Animádesvos a facelos?

Un saúdo e bo fin de semana 😘


mércores, 27 de maio de 2020

RECURSOS DE INTERESE ⬇️

Ola 👋🏼👋🏼

Nesta publicación do blog anexo os enlaces a algúns recursos que poden resultar de interese.

  • Libro de colorear personalizado. Accedendo á páxina "Hurra Héroes" envían ó voso correo un libro para colorear personalizado. 
  • Canción personalizada. Tecleando en Google "Tina y Tin" seguido do nome do neno/a, apareceravos unha canción personalizada con moito ritmo  😉

  • Webcams en tempo real para observar  animáis salvaxes dende a casa. Aquí vos deixo un enlace dende o que podedes acceder a diferentes webcams para ver diferentes animáis salvaxes.
  • Animais en 3D. Tecleando en Google o nome dalgúns animáis tendes a opción de velos en 3D na vosa propia casa e incluso fotografiarvos con eles! Tamén podedes ver o esqueleto dun corpo humano! Deíxovos aquí un enlace onde se indica a listaxe do que podemos ver en 3D e tamén  o xeito de facelo. 
Mirade que atopei hoxe ós pes da miña cama  nada mais abrir un ollo 😂


Unha aperta 😘


luns, 25 de maio de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈

Ola 👋🏼👋🏼

Aquí deixo unha nova proposta de actividades para esta semana, pinchade no seguinte enlace para acceder a ela:


Un saudiño e bo comezo de semana 😉 


venres, 22 de maio de 2020

O BISCOITO DE VALERIA 🥮🍫

Ola de novo 👋🏼

Onte púxenvos no blog un par de vídeos para mover o esqueleto con Jadel, asíque hoxe para compensar Valeria propónnos a receita dun delicioso biscoito 😜

Aquí vos deixo o vídeo para que vexades os ingredientes do biscoito e o seu proceso de elaboración:

BISCOITO

Anívadesvos? Conseguide os ingredientes e... MANS Á MASA!

Bo finde e unha aperta enorme 😘

DURANTE O CONFINAMENTO 🌈

Ola a todos e todas un día máis 👋🏼👋🏼

Aquí vos deixo un novo vídeo deste confinamento.

Para acceder a el só tendes que pinchar no seguinte enlace:

CONFINAMENTO

Un saúdo 😊

xoves, 21 de maio de 2020

A MOVER O ESQUELETO CON JADEL 🕺🏻🥋

Ola a todos e todas 👋🏼👋🏼
Nesta entrada do blog déixovos uns vídeos que enviou Jadel para que os poidades ver os seus amigos e amigas.

Jadel ten un montón de ritmo e encántalle mover o esqueleto! 🕺🏻
Para velo só tendes que pinchar no seguinte enlace:

COREOGRAFÍA

Ademais disto, como xa sabedes, tamén practica karate 🥋
Acordádesvos aquel día que nos ensinou e o intentamos facer tod@s?
Que ben o pasamos 🙈😊

Aquí vos deixo o vídeo para que o vexades, premede no seguinte enlace:

KARATE

Agora que xa vichedes a Jadel facendo karate propóñovos un reto. Ánimadesvos a intentalo vos outra vez? 😉


mércores, 20 de maio de 2020

🐝🐝🐝🐝🐝🐝🐝🐝

Hoxe, 20 de maio, é o "Día Mundial das Abellas", así que aquí vos deixo unha proposta para que investiguedes sobre o incrible mundo destes insectos.
A ver se entre todos e todas conseguimos saber un pouquiño máis sobre as abellas. Animádesvos?
Enviádeme todos os descubrimentos que fagades sobre elas. 

Para acceder a proposta de actividades pinchade no seguinte enlace:

ABELLAS

Unha aperta forte e... a investigar! 😉

luns, 18 de maio de 2020

DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE ♻️

Onte 17 de maio, ademais do "Día das Letras Galegas" tamén foi o "Día da reciclaxe", así que aquí vos deixo unha actividade que consiste en facer papel reciclado. Recordade que tamén podedes ver a proposta que puxen o "Día da Terra" onde ademais desta actividade se inclúen outras relacionadas coa reciclaxe.



Aquí vos deixo o enlace a un vídeo titorial:


Un saúdiño 😊


PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈

Ola 👋🏼👋🏼

Aquí vos deixo unha nova proposta de actividades, só tendes que pinchar no seguinte enlace para acceder a ela:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES VII

Neste momento xa tendes os cadernos nas vosas casas, así que ó longo desta tempada cada neno/a irá facendo os cadernos ó seu ritmo e se precisades axuda ou tendes algunha dúbida contactade conmigo.

Ademais do meu número persoal, lémbrovos o meu correo electrónico: olallagarciabarreiro@edu.xunta.gal

No blog da aula de inglés tamén podedes atopar diferentes actividades e recursos. Aquí vos deixo o enlace:

Tamén anexo o correo da profe de inglés para os que lle queirades enviar as tarefas ou consultar algunha dúbida: englishportomouro@gmail.com

Lembrade que podedes enviarme todas as cousiñas que vaian facendo os nenos e nenas durante este confinamento.

Unha aperta e bo comezo de semana 😘

venres, 15 de maio de 2020

FAMILIAS 💕

Ola a todos e todas 👋🏼

Xa estou por aquí de novo para contarvos que hoxe 15 de maio é o "Día da familia".


Que é para vos unha familia?
Pensadeo e xa me contades!
E se queredes podedes enviarme un debuxo ou algunha manualidade sobre a vosa familia. Aquí vos deixo algún exemplo, pero vos facedeo como máis vos guste 😉



Neste caso non vou poñer proposta de actividades, cada un que faga aquilo que máis lle gusta facer xunto coa súa familia: dar un paseo, ver unha peli, facer unha receita, bailar, xogar...

Por último déixovos por aquí enlaces a varios vídeos para que poidades ver que as familias son moi diversas e diferentes,  "EXISTEN TANTAS FAMILIAS COMO FORMAS DE AMAR".


"UNHA FAMILIA NON NECESITA SER EXPLICADA, SÓ VIVIDA".


xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS ⚪🔵⚪

Ola a todos e todas 👋🏼

Esta semana conmemórase a nosa lingua, o noso idioma, o galego. Esta é a semana das "Letras Galegas", así que vos anexo unha proposta de actividades e os enlaces a diferentes recursos que vos poden resultar de interese.

Para acceder a proposta pinchade no seguinte enlace:

LETRAS GALEGAS.

Lembrade enviarme as cousiñas que ides facendo durante estes días na casa para que despois as poidan ver os vosos compañeiros e compañeiras.

Un saudiño 😘

luns, 11 de maio de 2020

VIAXANDO DENDE A CASA 🌍

Aquí estou de novo para contarvos que o sábado 9 de maio festexouse o "Día de Europa", asíque aquí vos deixo unha proposta de actividades para que viaxedes e descubrades recunchos do mundo dende a casa.

Pinchade no seguinte enlace para acceder a proposta:

VIAXANDO POLO MUNDO.

Ánimo 😘







PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈

Ola a todos e todas 👋🏼

Aquí deixo unha nova proposta de actividades.

Para acceder a ela pinchade no seguinte enlace:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES VI

Bo comezo de semana.
Un saúdo 😘

venres, 8 de maio de 2020

DURANTE O CONFINAMENTO... 🌈

Aquí vos deixo unha pequena parte do que os nenos e nenas fan durante este confinamento.

Pinchade no seguinte enlace para acceder ó vídeo:


ESTÁDELO FACENDO XENIAL!
Unha aperta grande e bo fin de semana 😘


PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS 🐮

Ola peques.

Hoxe tráiovos outro conto. Trátase da segunda parte de "A vaca que puxo un ovo" e titúlase "Primeira semana na escola de vacas".

Para acceder a el pinchade no seguinte enlace:

PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS.

Despois do conto, podedes facer algunha actividade como por exemplo: un debuxo, cambiar o final do conto, modificar os personaxes, contar vos o conto da maneira que más vos guste, escribir o nome dos diferentes animáis que saen no conto, pensar noutros nomes que empecen pola mesma letra... E todo aquilo que se vos corra.

Un saudiño 😊

xoves, 7 de maio de 2020

A RECEITA DE XIANA 🍪

Ola a todos e todas.

Hoxe Xiana envioume unha receita de galletas de avea. Contaronme que estaban riquísimas 🤩

Moitas grazas Xiana ❤️

Premede no seguinte enlace para poder vela:

GALLETAS DE AVEA.

Se estes días facedes algúnha receita que queirades compartir non dubidedes en enviarma.

Unha aperta 😊

mércores, 6 de maio de 2020

OS MAIOS 🌿🌼

Ola a todos e todas.

Hoxe preséntovos unha proposta de actividade relacionada cunha festividade propia de Galicia, os maios.



Aquí vos deixo un exemplo dun maio:


Ánimadevos a facer o voso propio maio e a enviarme foto ou video. Este venres poderedes ver no blog as actividades que foron enviando os nenos e nenas 🤩
Podedesme enviar as actividades que queirades a través da canle que prefirades: whatsapp, correo electrónico...

CORREO: ( olallagarciabarreiro@edu.xunta.gal ).

luns, 4 de maio de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈

Boa tarde.

Comezamos unha nova semana e aquí vos deixo unha nova proposta de actividades, espero que vos gusten.

A medida que vaiades facendo podédesme enviar por mensaxe privada foto ou vídeo das actividades para despois compartilas no blog para  que as vexan o resto de compañeiros/as.

Para acceder a proposta de actividades pinchade no seguinte enlace:


Unha aperta grande peques 😊

sábado, 2 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR ☮️

Hoxe, 2 de maio, celébrase o "Día Internacional contra o Acoso Escolar".

Aquí vos deixo dous enlaces, o primeiro é un corto e o segundo un conto:

Enlace ó corto: EDUCACIÓN EN VALORES.

Enlace ó conto: YO VOY CONMIGO.

Un saudiño 😉