venres, 15 de maio de 2020

FAMILIAS 💕

Ola a todos e todas 👋🏼

Xa estou por aquí de novo para contarvos que hoxe 15 de maio é o "Día da familia".


Que é para vos unha familia?
Pensadeo e xa me contades!
E se queredes podedes enviarme un debuxo ou algunha manualidade sobre a vosa familia. Aquí vos deixo algún exemplo, pero vos facedeo como máis vos guste 😉



Neste caso non vou poñer proposta de actividades, cada un que faga aquilo que máis lle gusta facer xunto coa súa familia: dar un paseo, ver unha peli, facer unha receita, bailar, xogar...

Por último déixovos por aquí enlaces a varios vídeos para que poidades ver que as familias son moi diversas e diferentes,  "EXISTEN TANTAS FAMILIAS COMO FORMAS DE AMAR".


"UNHA FAMILIA NON NECESITA SER EXPLICADA, SÓ VIVIDA".


Ningún comentario:

Publicar un comentario