mércores, 10 de xuño de 2020

DINOSAUROS 🦖🦕

Ola 👋🏼

Xa estamos a métade de semana e hoxe vouvos presentar algo que fixemos ó longo do curso.

Estivemos investigando sobre o fascinante mundo dos DINOSAUROS. Eses maravillosos seres que habitaron a Terra fai moitos millóns de anos.

Os nenos e nenas tiñan moitas ganas de descubrir como  vivian, así que nos puxemos mans á obra e o primeiro paso foi facernos con varias especies de dinosauros e un terrario feito cunha caixa, area, terra, follas, pedras, cortiza, pinas... e outros elementos que fomos atopando.


Descubrimos diferentes especies de dinosauros: Velociraptor, Tyrannosauro Rex, Brachiosauro, Stegosauro, Triceratops, Parasauro... E investigando soubemos que todos eles eran ovíparos xa que nacían de ovos.


Ademais, aprendemos que os dinosauros non camiñaban todos igual, había especies como o Velociraptor ou o Tyranosauro Rex que eran bípedos e sustentábanse sobre dúas patas, mentres que outros como o Stegosauro ou o Triceratops eran cuadrúpedos e camiñaban sobre catro patas.



Os dinosauros viviron por todo o planeta Terra, aínda que a maioría deles atopábanse en lugares como Asia ou América do Norte.






Tamén descubrimos que algúns dinosauros eran carnívoros, xa que se alimentaban de carne e outros eran herbívoros, porque comían só vexetais. Tamén había algúns que eran omnívoros e alimentábanse de ambas cousas, carne e vexetais.



Agora tamén sabemos que os dinosauros extinguíronse fai moitos millóns de anos. Algunhas persoas pensan que foi debido á erupción de volcáns, e outras creen que foi a caída dun meteorito. 





Moita información que temos hoxe en día sobre os dinosauros é grazas os paleontólogos, que estudan os fósiles atopados ó longo do tempo, restos que nos permiten pescudar sobre como eran estas incribles criaturas.



Como podedes ver, algún día convertémonos en paleontólogos, e tamén fixemos réplicas de fósiles con plástilina, cravando os esqueletos de dinosaurios nela.



Pasámolo en grande e aprendemos un montón de cousas sobre os dinosauros 😊






Ningún comentario:

Publicar un comentario