venres, 3 de abril de 2020

LAND ART 🌾

Bo día 👋🏼👋🏼

Hoxe preséntovos algunhas actividades que facemos na aula, que ós nenos/as lles encantan e que vos poden servir tamén como idea para facer durante esta tempada na casa.

Non precisamos ningún tipo de material elaborado, abonda con recursos que atopamos na propia natureza (madeira, terra, pedras, area, paus, piñas, follas…).


Nalgunhas ocasións apetécenos crear, e recorremos o que se coñece como “Land art”, que consiste en facer creacións artísticas con elementos da natureza na propia natureza. Neste caso, cambiamos o escenario, e levamos diferentes elementos naturais á nosa aula para facer creacións.


Algúns destes elementos, como as follas por exemplo, recóllenas os propios nenos e nenas para despois facer algunha actividade con elas.





Como podedes ver estes nenos e nenas saben moito de arte e creatividade.



Ademais de facer creacións, moitos destes elementos (noces, avelas, piñas, castañas, cabazas, follas…) tamén nos serviron para decorar a aula durante o outono e para afondar nesta estación e nas súas características (a caída das follas, as súas cores, os froitos desta época...).


Noutras ocasións, estes elementos naturais forman parte do xogo simbólico e sérvennos para xogar ás “cocinitas”, para facer construcións, granxas, vías para coches e tractores... E para todo aquilo que se nos ocorra.



A veces, incluso empregamos estes recursos para facer actividades de lecto-escritura (creando letras con eles) e tamén de lóxico - matemática, como por exemplo sumas.



Como podedes ver, dámoslle un montón de utilidade. Así que deixade voar a vosa imaxinación e a crear 🤩

Desfrutade destes días de vacacións, aínda que este ano sexan diferentes.

Un saúdo 😊




Ningún comentario:

Publicar un comentario

COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉

Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘