Como vos contaba na entrada anterior, onte 15 de abril foi o "DÃa Mundial da Arte", asà que aproveito para contarvos unha visita que fixemos co cole.
No pasado mes de decembro fixemos unha visita á Sede Afundación Santiago de Compostela onde puidemos desfrutar dunha marabillosa exposición fotográfica.
Nela propuxéronnos un reto, buscar as fotos perdidas de "Pintafontes", unha pÃntega que nos amosou unha antiga cámara do seu avó, e que nese intre precisaba da nosa axuda.
Pouco a pouco fomos atopando as fotos de
"Pintafontes" e coa axuda da guÃa da exposición analizamos o que
nelas se reflexaba.
Tamén vimos outras moitas
imaxes expostas e puidemos comprobar que a través das cores pódese
reflexar e transmitir unha gran cantidades de información, e que a
interpretación de cada imaxe é diferente segundo a persoa que a observa.
Unha vez feito isto asistimos a un taller onde
pintamos obras vistas con anterioridade, empregando as cores que esa imaxe nos
transmitÃa.
Tamén sacamos fotos nun photocall centrado nas imaxes da exposición.
Unha vez visitado este espazo dirixÃmonos ó Museo
de Arte Contemporáneo onde visionamos algunha obra de artistas como Christian
Villarmide.
Tamén fixemos unha creación nós mesmos, empregando como fondo un paisaxe que
pouco a pouco fomos completando con vexetación e animais, tan importantes no
ecosistema. Quedounos xenial!
Ademais falamos da importancia de coidar o noso
contorno, de reciclar e tamén da utilidade que lle podemos dar a algúns
elementos cotiás, como por exemplo estas rodas empregadas de xeito tan creativo.
Durante esta visita, decidimos facernos cun
exemplar dun libro que da resposta a un montón de preguntas interesantes.
E... ata aquà a nosa visita.
Un saúdiño 😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario