xoves, 16 de abril de 2020

ARTE CONTEMPORANEA 🎨

Ola a todos e todas.

Como vos contaba na entrada anterior, onte 15 de abril foi o "Día Mundial da Arte", así que aproveito para contarvos unha visita que fixemos co cole.

No pasado mes de decembro fixemos unha visita á Sede Afundación Santiago de Compostela onde puidemos desfrutar dunha marabillosa exposición fotográfica.



Nela propuxéronnos un reto, buscar as fotos perdidas de "Pintafontes", unha píntega que nos amosou unha antiga cámara do seu avó, e que nese intre precisaba da nosa axuda.


Pouco a pouco fomos atopando as fotos de "Pintafontes" e coa axuda da guía da exposición analizamos o que nelas se reflexaba.



Tamén vimos outras moitas imaxes expostas e puidemos comprobar que a través das cores pódese reflexar e transmitir unha gran cantidades de información, e que a interpretación de cada imaxe é diferente segundo a persoa que a observa.







Unha vez feito isto asistimos a un taller onde pintamos obras vistas con anterioridade, empregando as cores que esa imaxe nos transmitía.



Tamén sacamos fotos nun photocall centrado nas imaxes da exposición.



Unha vez visitado este espazo dirixímonos ó Museo de Arte Contemporáneo onde visionamos algunha obra de artistas como Christian Villarmide.

Tamén fixemos unha creación nós mesmos, empregando como fondo un paisaxe que pouco a pouco fomos completando con vexetación e animais, tan importantes no ecosistema. Quedounos xenial!



Ademais falamos da importancia de coidar o noso contorno, de reciclar e tamén da utilidade que lle podemos dar a algúns elementos cotiás, como por exemplo estas rodas empregadas de xeito tan creativo.



Durante esta visita, decidimos facernos cun exemplar dun libro que da resposta a un montón de preguntas interesantes.


E... ata aquí a nosa visita. 
Un saúdiño 😉


Ningún comentario:

Publicar un comentario

COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉

Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘