mércores, 29 de abril de 2020

A VACA QUE PUXO UN OVO 🐮🥚

Ola peques.

Xa fai moito que non vos conto ningún contiño, asíque aquí vai un que sei que vos gusta moito "A vaca que puxo un ovo" 🐮🥚

Abride as orellas que o conto está a piques de comezar 🤩

Para acceder ó conto pinchade no seguinte enlace:


Se vos apetece animádevos a debuxar a parte que máis vos gustou do conto e enviademe os vosos debuxos para que tamén os vexan os vosos compañeiros e compañeiras.

Unha aperta grande grande 😘

luns, 27 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈

Bo día.

Aquí vos deixo unha nova proposta de actividades. Como veredes eu tamén estiven facendo algúnha delas 🙈😉

Animádevos a enviademe por mensaxe privada algúnha foto das actividades que estades facendo durante este tempo e creo un vídeo con todas elas para subir ó blog, así tamén podedes ver o que están facendo os vosos compañeiros e compañeiras. 

Para acceder a proposta de actividades pinchade no seguinte enlace:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES.

Un saúdo e moito ánimo😊


xoves, 23 de abril de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 📚

Bo día.

Hoxe, xoves 23 de abril, conmemórase o "Día internacional do libro", así que nesta entrada deíxovos unha proposta de actividades relacionadas con esta celebración.



Nestas primeiras idades os contos son ventás abertas ó mundo da imaxinación, asíque cando estamos no cole leemos un montón de contos de temática moi variada e visitamos varias veces a semana a biblioteca do centro.


Gústalles moito escoitar contos e agora que están comezando a leer tamén lles encanta descubrir cómo van descifrando por si sos o que os contos nos transmiten.




Para acceder a proposta de actividades pulsade no seguinte enlace:

Un saúdo 😉

mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA 🌍

Hoxe, 22 de abril, conmemorase o Día da Terra, asique déixovos aquí unha proposta de actividades para que escollades aquelas que máis vos gusten. A proposta divídese en dúas partes, por un lado actividades relacionadas coa terra como planeta e parte do sistema solar, e por outro, as actividades relacionadas co coidado da mesma.

Lembrade que coidar o noso planeta é unha tarefa diaria.

Pinchade no seguinte enlace para acceder a proposta de actividades:

DÍA DA TERRA.

Agardo que vos gusten.

Unha aperta 😉

martes, 21 de abril de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈

Boa tarde.

Anéxovos nesta entrada outra proposta de actividades.

Espero que vos gusten.

Para acceder a proposta pinchade no seguinte enlace:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES III

Un saúdo para todos e moito moito ánimo 💪🏻

xoves, 16 de abril de 2020

ARTE CONTEMPORANEA 🎨

Ola a todos e todas.

Como vos contaba na entrada anterior, onte 15 de abril foi o "Día Mundial da Arte", así que aproveito para contarvos unha visita que fixemos co cole.

No pasado mes de decembro fixemos unha visita á Sede Afundación Santiago de Compostela onde puidemos desfrutar dunha marabillosa exposición fotográfica.



Nela propuxéronnos un reto, buscar as fotos perdidas de "Pintafontes", unha píntega que nos amosou unha antiga cámara do seu avó, e que nese intre precisaba da nosa axuda.


Pouco a pouco fomos atopando as fotos de "Pintafontes" e coa axuda da guía da exposición analizamos o que nelas se reflexaba.



Tamén vimos outras moitas imaxes expostas e puidemos comprobar que a través das cores pódese reflexar e transmitir unha gran cantidades de información, e que a interpretación de cada imaxe é diferente segundo a persoa que a observa.







Unha vez feito isto asistimos a un taller onde pintamos obras vistas con anterioridade, empregando as cores que esa imaxe nos transmitía.



Tamén sacamos fotos nun photocall centrado nas imaxes da exposición.



Unha vez visitado este espazo dirixímonos ó Museo de Arte Contemporáneo onde visionamos algunha obra de artistas como Christian Villarmide.

Tamén fixemos unha creación nós mesmos, empregando como fondo un paisaxe que pouco a pouco fomos completando con vexetación e animais, tan importantes no ecosistema. Quedounos xenial!



Ademais falamos da importancia de coidar o noso contorno, de reciclar e tamén da utilidade que lle podemos dar a algúns elementos cotiás, como por exemplo estas rodas empregadas de xeito tan creativo.



Durante esta visita, decidimos facernos cun exemplar dun libro que da resposta a un montón de preguntas interesantes.


E... ata aquí a nosa visita. 
Un saúdiño 😉


mércores, 15 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA ARTE 🎨🖌️

Boa tarde.


Despois destas vacacións un pouco diferentes volvemos a poñernos mans a obra.

Hoxe día 15 de abril é o "DÍA MUNDIAL DA ARTE", así que déixovos unha proposta moi relacionada con esta temática.


Un saudiño 😉

venres, 3 de abril de 2020

LAND ART 🌾

Bo día 👋🏼👋🏼

Hoxe preséntovos algunhas actividades que facemos na aula, que ós nenos/as lles encantan e que vos poden servir tamén como idea para facer durante esta tempada na casa.

Non precisamos ningún tipo de material elaborado, abonda con recursos que atopamos na propia natureza (madeira, terra, pedras, area, paus, piñas, follas…).


Nalgunhas ocasións apetécenos crear, e recorremos o que se coñece como “Land art”, que consiste en facer creacións artísticas con elementos da natureza na propia natureza. Neste caso, cambiamos o escenario, e levamos diferentes elementos naturais á nosa aula para facer creacións.


Algúns destes elementos, como as follas por exemplo, recóllenas os propios nenos e nenas para despois facer algunha actividade con elas.





Como podedes ver estes nenos e nenas saben moito de arte e creatividade.



Ademais de facer creacións, moitos destes elementos (noces, avelas, piñas, castañas, cabazas, follas…) tamén nos serviron para decorar a aula durante o outono e para afondar nesta estación e nas súas características (a caída das follas, as súas cores, os froitos desta época...).


Noutras ocasións, estes elementos naturais forman parte do xogo simbólico e sérvennos para xogar ás “cocinitas”, para facer construcións, granxas, vías para coches e tractores... E para todo aquilo que se nos ocorra.



A veces, incluso empregamos estes recursos para facer actividades de lecto-escritura (creando letras con eles) e tamén de lóxico - matemática, como por exemplo sumas.



Como podedes ver, dámoslle un montón de utilidade. Así que deixade voar a vosa imaxinación e a crear 🤩

Desfrutade destes días de vacacións, aínda que este ano sexan diferentes.

Un saúdo 😊