xoves, 21 de novembro de 2019

Coas mans na masa šŸ§

Hoxe Ɠscar, o cociƱeiro do colexio, propĆŗxonos axudarlle a decorar uns deliciosos cupcakes. Cando llo comentei os/as nenos/as pareciulles un plan de 10.


O primeiro paso foi botarlle nata por encima:



E despois diso decoramos con guindas, flocos de millo, sirope, raiadura de coco, fideos e boliƱas de chocolate...



CĆ³mo somos moi larpeiros, entre cupcake e cupcake... un floco de millo por aquĆ­, unha boliƱa de chocolate por alĆ”... šŸ˜‹


Ɠs nosos cupcakes non lle faltaba detalle, todo o que lle botabamos parecĆ­anos pouco šŸ˜†šŸ˜†



O mellor de todo foi degustalos. Estaban riquĆ­simos! Estamos desexando repetir šŸ˜Š

1 comentario: