xoves, 21 de novembro de 2019

Coas mans na masa 🧁

Hoxe Óscar, o cociñeiro do colexio, propúxonos axudarlle a decorar uns deliciosos cupcakes. Cando llo comentei os/as nenos/as pareciulles un plan de 10.


O primeiro paso foi botarlle nata por encima:



E despois diso decoramos con guindas, flocos de millo, sirope, raiadura de coco, fideos e boliñas de chocolate...



Cómo somos moi larpeiros, entre cupcake e cupcake... un floco de millo por aquí, unha boliña de chocolate por alá... 😋


Ós nosos cupcakes non lle faltaba detalle, todo o que lle botabamos parecíanos pouco 😆😆



O mellor de todo foi degustalos. Estaban riquísimos! Estamos desexando repetir 😊

1 comentario:

COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉

Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘