luns, 25 de novembro de 2019

Brancaneves e os 77 enaniños 🍄🍄

Hoxe, 25 de novembro, ten lugar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
No colexio asistimos á representación dunha obra de teatro con títeres, que ós/ás nenos/as lles gustou moito polo toque humorístico co que se relataba a historia.


Ademáis, tamén lemos e analizamos o conto de "Blancanieves y los 77 enanitos", unha reinterpretación do conto clásico de "Blancanieves".


Trátase dunha divertida historia, con grandes doses de humor, onde a protagonista, Brancaneves, toma as rendas da súa vida.


A través do conto preténdese romper con certos estereotipos de xénero que moi a miúdo impiden a educación en igualdade de dereitos e oportunidades dos nenos e nenas.



Despois da lectura a nosa compañeira Valeria animouse a contarllo ela mesma os seus compañeiros/as. Fixoo xenial!! 🤩




Eduquemos por un futuro cheo de bicos e abrazos 🤗


xoves, 21 de novembro de 2019

Coas mans na masa 🧁

Hoxe Óscar, o cociñeiro do colexio, propúxonos axudarlle a decorar uns deliciosos cupcakes. Cando llo comentei os/as nenos/as pareciulles un plan de 10.


O primeiro paso foi botarlle nata por encima:



E despois diso decoramos con guindas, flocos de millo, sirope, raiadura de coco, fideos e boliñas de chocolate...



Cómo somos moi larpeiros, entre cupcake e cupcake... un floco de millo por aquí, unha boliña de chocolate por alá... 😋


Ós nosos cupcakes non lle faltaba detalle, todo o que lle botabamos parecíanos pouco 😆😆



O mellor de todo foi degustalos. Estaban riquísimos! Estamos desexando repetir 😊

mércores, 20 de novembro de 2019

Dereitos dos nenos e nenas.

Hoxe 20 de novembro ten lugar a conmemoración do Día Internacional dos dereitos do/a neno/a.


Dereito a medrar en liberdade, a unha identidade, á saúde, a coidados especiais, dereito a unha familia, a unha boa educación, a protección e socorro, a non ser abandoado nin maltratado, a non ser discriminado. DEREITO A SER NENO/A.


A biblioteca do cole 📚

A biblioteca do colexio é un espazo que nos encanta, no que contamos con un montón de contos de temática moi variada. Acudimos a ela todos os venres para coller un conto e levalo o fin de semana para a casa; pero tamén a visitamos moitos outros días.


Hoxe fomos levar uns contos novos que chegaron ó cole e aprendemos a clasificalos por estantes en función da idade á que van dirixidos, e tamén en función da súa editorial.


Ir a biblioteca do cole sempre é un bo plan 😉

martes, 19 de novembro de 2019

O venres no colexio foi un día de moitas emocións.
Por unha parte, comezamos coa piscina. Todos/as tiñamos moitas ganas de darnos un chapuzón, asique equipámonos con manguitos e churros e... a auga!!
Na piscina nadamos, baixamos polo tobogán,  chapoteamos e sobre todo desfrutamos! Gustounos moito e quedamos con ganas de máis 😊

Ademáis de comezar a piscina, tamén fixemos un magosto no que degustamos castañas e xogamos a un montón de xogos con elas.





Pasámolo en grande. Só hai que ver as súas caras 🤩



xoves, 14 de novembro de 2019

🌰🌰🌰🌰

Mañá no colexio facemos un magosto e na nosa aula deixamos todo "a punto" para desfrutar del.


Para gardar as castañas decoramos uns envases que fixemos con bricks de leite e... quedaron xenial!!


mércores, 13 de novembro de 2019

Aniversario Xiana 🎂

Hoxe a nosa compañeira Xiana estivo de aniversario. Cumpliu 5 anos e trouxo un biscoito riquísimo 😋

No cole fixémoslle un debuxo de regalo e tamén unha coroa das bonecas que tanto lle gustan.



Parabéns Xiana 😊

Setembro e outubro.

Este mes de novembro comezamos co noso blog, pero ó longo de setembro e outubro tamén fixemos unha chea de cousas.

Celebramos o aniversario de dúas compañeiras: Valeria e Daniela, que trouxeron a aula uns biscoitos moi ricos 😋



Festexamos o Samain con vestimentas e receitas terroríficas:





Decoramos a entrada da aula:




Iniciámonos na robótica:





Fomos ó auditorio de Galicia ver a obra "A gata con zocos".



E comezamos un emocionante proxecto sobre os dinosauros, do que vos traeremos novas en entradas posteriores 😉

Comezamos 🚀

Hoxe inaguramos o noso blog; unha ventá aberta á nosa aula onde vos mostraremos anaquiños do que día a día facemos no cole 😊


COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉

Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘