luns, 30 de marzo de 2020

NOVA PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🎨🎨

Boa tarde 😊

Para comezar a semana déixovos unha nova proposta de actividades variadas para que poidades escoller as que máis vos gusten.

Ademais volvo a lembrar que Ó longo destes días subirei tamén algunha actividade que facemos na aula, que vos pode servir como idea para facer na casa.

Ánimo, nunca choveu que non escapara 🌈

Un saudiño,

Olalla.


Para acceder a proposta de actividades pincha no seguinte enlace:



mércores, 25 de marzo de 2020

PROHIBIDO NON TOCAR 💡💡

Bo día 👋🏼👋🏼

Hoxe preséntovos no blog un taller de ciencia que se levou a cabo no cole no mes de xaneiro, e tamén anexo uns enlaces que poden servir de axuda para coller ideas e facer durante estes días algún pequeno experimento 🧫🧪

Neste taller do que vos falo, contamos coa presenza de dúas persoas profesionais, que converteron o ximnasio nun museo dirixido á divulgación científica de maneira amena e creativa.

A través do seu labor, achegaron ó alumnado ó eido científico baixo o lema "PROHIBIDO NON TOCAR".


O primeiro experimento foi levado a cabo con diferentes fluídos, onde puidemos ver a flotabilidade ou non dos obxectos dependendo do líquido no que os introduciamos.



Puidemos ver tamén a composición, de xeito moi sinxelo, de dous tipos de células.



Tamén manipulamos e visionamos o funcionamento do péndulo de Newton.


Vimos unha maqueta dun cohete.


E tamén un pequeno globo terráqueo que se mantiña flotando no aire.


Ademais de todo isto, tivemos a sorte de coñecer a E.T e sacar unha foto con el.


Ós nenos e nenas encantoulles este taller, asique deixo por aquí algúns enlaces a páxinas web por se vos animades a experimentar durante estes días 😉😉






Tamén inclúo o enlace a unha aplicación sobre ciencia para nenos/as:

- Play and learn science:

https://play.google.com/store/apps/details?id=org.pbskids.playandlearnscience&gl=ES


Un saúdo e forza, xa queda menos 🌈





venres, 20 de marzo de 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🎨🎨

Bo día.

Nesta entrada do blog anexo unha proposta de actividades que poden servir de axuda para que as nenas e nenos afronten está situación de confinamento do mellor xeito posible.

Ó longo destes días irei subindo máis propostas e tamén algunhas cousiñas que facemos na aula, que tamén vos poden servir como ideas para facer na casa 😉

Ánimo para todas e todos.
Despois da tormenta, sempre sae o sol 🌈🌈

Para acceder a proposta de actividades pinchade no seguinte enlace:

PROPOSTA DE ACTIVIDADES


domingo, 1 de marzo de 2020

Entroido 🥳🥳

Aquí deixamos un breve resumo do entroido no colexio.

Este ano a temática elixida foi "o circo" asique contamos coa presenza de paiasos, forzudos, mimos, magos, presentadores...

Para preparar o festival traballamos a reo e fixemos moitos ensaios .


Entre ensaio e ensaio tamén descansamos e contamos uns contos 😉



Na nosa aula disfrazámonos de "acróbatas".



O alumnado de 6º curso foi o encargado da presentación do festival. Fixérono xenial!

Estivemos moi atentos a todas as actuacións que forón moi entretidas e animadas, e despois destas, contamos coa presenza do pallaso Rogelio, co que rimos a esgalla.



Tamén aproveitamos para sacar fotos nun photocall moi colorido do que desfrutamos unha vez rematadas as actuacións.


Por último para rematar esta espectacular xornada, nada mellor que degustar uns deliciosos doces aportados polas familias: orellas, chulas, crepes, biscoitos...

Moitas gracias una vez máis pola colaboración 😉






COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉

Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘