xoves, 5 de decembro de 2019

Xeoplano 🔶

Onte démoslle a benvida a un novo material para traballar a lóxico matemática, un xeoplano.


Trátase dunha táboa cadrada de madeira cunha serie de cravos. Sobre esta base colócanse gomas elásticas de cores que se suxeitan nos cravos formando as figuras xeométricas que se desexen.



Co xeoplano fixemos formas xeométricas coñecidas, outras seguindo un patrón dado, e tamén figuras libres deixándonos levar pola nosa imaxinación e creatividade.




Ademáis de facer formas xeométricas, tamén traballamos sobre moitos outros conceptos, como o conteo, as cores, a organización espacial...


Sen dúbida, tivo moi boa acollida. Encantounos a todos 🤩





martes, 3 de decembro de 2019

TORNEO PING PONG 🏓🏓

No mes de novembro levouse a cabo na escola un torneo de ping pong no que participaron todos os cursos. Hoxe, a profe de Educación Física, Belén, fixo entrega dunhas medallas.


Na nosa aula xogaron no grupo de prebenxamíns e os afortunados foron Jadel e Ainara.



Sen dúbida, o mellor  de todo foi ver os aplausos e as caras de felicidade dos seus compañeiros e compañeiras ó velos recoller as medallas.


Non hai mellor agasallo que a amizade.