Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras.
Fixéchedelo xenial!
Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘
AULA 5 ANOS XACINTO AMIGO LERA
venres, 19 de xuño de 2020
venres, 12 de xuño de 2020
🤸🏻♀️🤸🏻♂️🤸🏻♀️🤸🏻♂️
Ola 👋🏼
Para acabar a semana deíxovos nesta entrada unha divertida proposta de psicomotricidade.
xoves, 11 de xuño de 2020
ANIVERSARIOS 🥳🥳
Ola 👋🏼👋🏼
Xa estamos a piques de acabar o curso e esta entrada do blog dedicámoslla ós nenos que estiveron de aniversario durante este tempo de confinamento. Dylan cumpriu o 17 de marzo e Jadel hoxe, 11 de xuño. Que maiores vos facedes!
Aínda que este ano non o puidemos celebrar no cole, seguro que foi un día moi especial 🤩
mércores, 10 de xuño de 2020
DINOSAUROS 🦖🦕
Ola 👋🏼
Xa estamos a métade de semana e hoxe vouvos presentar algo que fixemos ó longo do curso.
Estivemos investigando sobre o fascinante mundo dos DINOSAUROS. Eses maravillosos seres que habitaron a Terra fai moitos millóns de anos.
Os nenos e nenas tiñan moitas ganas de descubrir como vivian, así que nos puxemos mans á obra e o primeiro paso foi facernos con varias especies de dinosauros e un terrario feito cunha caixa, area, terra, follas, pedras, cortiza, pinas... e outros elementos que fomos atopando.
Descubrimos diferentes especies de dinosauros: Velociraptor, Tyrannosauro Rex, Brachiosauro, Stegosauro, Triceratops, Parasauro... E investigando soubemos que todos eles eran ovíparos xa que nacían de ovos.
Ademais, aprendemos que os dinosauros non camiñaban todos igual, había especies como o Velociraptor ou o Tyranosauro Rex que eran bípedos e sustentábanse sobre dúas patas, mentres que outros como o Stegosauro ou o Triceratops eran cuadrúpedos e camiñaban sobre catro patas.
Os dinosauros viviron por todo o planeta Terra, aínda que a maioría deles atopábanse en lugares como Asia ou América do Norte.
Tamén descubrimos que algúns dinosauros eran carnívoros, xa que se alimentaban de carne e outros eran herbívoros, porque comían só vexetais. Tamén había algúns que eran omnívoros e alimentábanse de ambas cousas, carne e vexetais.
Agora tamén sabemos que os dinosauros extinguíronse fai moitos millóns de anos. Algunhas persoas pensan que foi debido á erupción de volcáns, e outras creen que foi a caída dun meteorito.
Moita información que temos hoxe en día sobre os dinosauros é grazas os paleontólogos, que estudan os fósiles atopados ó longo do tempo, restos que nos permiten pescudar sobre como eran estas incribles criaturas.
Como podedes ver, algún día convertémonos en paleontólogos, e tamén fixemos réplicas de fósiles con plástilina, cravando os esqueletos de dinosaurios nela.
Pasámolo en grande e aprendemos un montón de cousas sobre os dinosauros 😊
luns, 8 de xuño de 2020
PROPOSTA DE ACTIVIDADES 🌈
Ola 👋🏼
Aquí deixo unha nova proposta de actividades.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES X
Agardo que vos gusten.
Bo comezo de semana 😘
Aquí deixo unha nova proposta de actividades.
PROPOSTA DE ACTIVIDADES X
Agardo que vos gusten.
Bo comezo de semana 😘
venres, 5 de xuño de 2020
OOBLECK 🤩
Ola de novo 👋🏼👋🏼
Nesta entrada do blog preséntovos unha actividade moi sinxela e moi divertida 😉
Trátase de "oobleck". Para os que non oirades falar del déixovos un vídeo onde podedes ver os pasos para a súa elaboración e tamén a súa máxia 🤩
OOBLECK
OOBLECK
Como vedes, eu non me puiden resistir, asíque puxenme coas mans na masa! Anímadevos vos tamén.
Un bico enorme bo fin de semana 😊
Un bico enorme bo fin de semana 😊
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
COLORIN COLORADO, O CURSO ESTÁ REMATADO 😉
Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘
-
Hoxe remata un curso cortiño pero no que vivimos moitas aventuras. Fixéchedelo xenial! Desfrutade do verán. Un bico enorme 😘
-
Bo día a todas e a todos. Hoxe as nenas e nenos de Educación Infantil e de 1° e 2° de Educación Primaria disfrutamos dunha saída a San...
-
Boa tarde. Comezamos unha nova semana e aquí vos deixo unha nova proposta de actividades, espero que vos gusten. A medida que vaiad...